CRTVG

Buscar

O BNG avanza que a Comisión Europea investigará o Sergas por precariedade laboral

Publicado o 03/12/2020 15:18

Hai novidades na denuncia presentada en Europa hai un ano polo colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita e o BNG.

Segundo a súa voceira en Europa, Ana Miranda, a Comisión Europeo decidiu investigar o Sergas: "Está investigando se existe unha vulneración da normativa comunitaria europea polo uso de sucesivos contratos temporais no sector sanitario. A Comisión Europea investiga o Sergas por precariedade laboral".

 

Noticias web

03/12/2020