O BNG aproba as súas listas para o 10N, con candidatos novos en Ourense e Lugo
O BNG celebrou esta mañá o seu Consello Nacional centrado na preparación das próximas eleccións xerais do 10 de novembro.
O Bloque aprobou as candidaturas das catro provincias con dous cabezas de lista novos: o exalcalde de Allariz, Francisco García, encabezará a lista de Ourense e a deputada do Parlamento Galego, Olalla Rodil, estará á fronte da de Lugo.
Na provincia da Coruña, Nestor Rego repite como candidato e Carme da Silva liderará de novo a lista de Pontevedra.
A formación nacionalista ve nesta nova convocatoria electoral unha segunda oportunidade para ter voz en Madrid e marcar unha axenda propia que defenda os intereses do país:
"Este 10N é o día en que Galiza vai erguer a súa voz para defender o seu futuro e a súa propia axenda. Está claro que a solución non vai vir do bipartidismo e do baile de cifras, e tampouco vai vir de Madrid, que é a grande aspiradora do noso futuro e que temos que cambiar as claves e as prioridades desde Galiza." Dixo Ana Pontón, voceira do BNG.