CRTVG

Buscar

O BNG aposta por ensanchar a súa base social para gobernar a Xunta

Publicado o 25/09/2021 13:52

O Bloque Nacionalista Galego reuniu hoxe o seu Consello Nacional. Unha cita na que a voceira nacional lle agradeceu á militancia do BNG o seu traballo para chegar a liderar a oposición en Galicia.

Ana Pontón chamou a ensanchar a base social do nacionalismo galego e "acumular forzar" para lograr gobernar a Xunta no ano 2024. Tamén se referiu ao período de reflexión persoal que abriu hai unhas semanas sobre a súa continuidade no liderado da formación para o novo ciclo político.

Noticias web

25/09/2021