O BNG aposta por recuperar terra agropecuaria para darlle vida ao rural
Publicado o 04/03/2021 16:12
Estase tramitando a Lei de recuperación da terra agraria no Parlamento. O BNG anuncia que fará achegas para que esa norma se centre, sobre todo, en recuperar a terra agropecuaria.
Segundo o deputado nacionalista Xosé Luís Rivas, esa terra é a que produce asentamento, da vida ao rural e xestiona o territorio. Por iso, considera, non se pode apostar por unha explotación forestal desmedida.