CRTVG

Buscar

O BNG ameaza con mobilizacións se o Goberno non aplica xa a baixada das peaxes na AP-9

Publicado o 05/01/2021 13:28

O BNG dálle tres semanas ao Goberno central para aplicar as rebaixas acordadas nas peaxes da AP-9 para este ano e ameza con mobilizacións se non o fai. O deputado Néstor Rego lembra que é un compromiso de investidura e acusa a Gonzalo Caballero de mentir ao vinculalo á votación dos orzamentos.

"O que queremos é que esto se aplique xa. E para iso dicimos tres semanas son máis que suficientes. E para iso tamén queremos deixar claro que se o Goberno non cumpre o BNG vai chamar á sociedade galega a mobilzarse porque isto hai que cumprilo si sou si. E Gonzalo Caballero en vez de dedicarse sempre a xustificar o que fai e sobre todo o que non fai o Goberno faría bantante mellor se se dedicase a defender os interses de Galicia e, sobre todo, se se dedicase a non mentir".

Noticias web

05/01/2021