CRTVG

Buscar

Pontón acusa os gobernos de non buscar unha alternativa para As Pontes

Publicado o 28/09/2019 15:20

A voceira do BNG, Ana Pontón acusou o goberno central e o goberno galego de non ter feito os deberes en relación co futuro de Endesa e o peche da central das Pontes. Insistiu en que levan tempo advertindo da necesidade de buscarlle unha solución ao proceso de transición enerxética e que non se pode permitir o peche da central sen alternativas de futuro.

"O que lamentamos é que no pasado debate do estado da nación o PP votara en contra dunha proposta na que precisamente pediamos unha mesa para enfrontar desde Galicia unha proposta de todo o que ten que ver coa transición enerxética, e que a única proposta que teña o goberno do Estado sexa botarlle a culpa aos demais. Porque este país non se merece un goberno e un presidente que o único que busca son escusas e non solucións ante os problemas." Dixo Ana Pontón, voceira do BNG.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/09/2019