O BNG acusa o PSOE e Unidas Podemos de "furtar" o debate sobre a situación de Alcoa no Congreso
Publicado o 14/07/2020 18:50
E o BNG acusa o PSOE e Unidas Podemos de prohibir o debate sobre a situación de Alcoa no Congreso dos Deputados. O Bloque denuncia que os dous partidos do Goberno non permitiron incorporar na orde do día as mocións sobre a factoría de San Cibrao. Unha desas mocións, do BNG, recollía a intervención e nacionalización da planta para garantir a actividade de Alcoa.