CRTVG

Buscar

O bloqueo da renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial salta a Bruxelas

Publicado o 06/09/2021 21:14

A polémica da non renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial salta de novo a Bruxelas. En poucos días, as asociacións xudiciais españolas comezarán a tratar este bloqueo institucional diante da propia Comisión Europea- as primeiras en verse co comisario europeo de Xustiza, Didier Reynders, será Xuízas e Xuíces para a Democracia, o 20 de setembro.

E a ela seguiranlle en vindeiras datas o resto das asociacións xudiciais. Bruxelas amosa de novo interese polo bloqueo que vive a Xustiza española e o Comisario Reynders aceptou escoitalas a todas.

A Comisión lembra de novo a España que en repetidas ocasións xa destacou a importancia de proceder coa renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial. E evitar que fose vulnerable á politización. Bruxelas recomenda elixir a maioría dos membros dese Órgano de Goberno polos propios xuíces.

 

 

 

 

 

Noticias web

06/09/2021