CRTVG

Buscar

O "blequinazo" de Ponteareas, unha expresión coloquial que se fixo viral

Publicado o 05/02/2020 15:27

Esta expresión coloquial escoitámola por vez primeira nunha noticia da TVG. Filomena referíase ao estrondo que provocou a explosión da caldeira da súa casa. O que ela non sabía é que esta expresión ía converterse en viral grazas a este matrimonio de Paredes.

Porque esta expresión coloquial non aparece recollida pola Real Academia Galega, quen si recoñece que hai palabras documentadas que poderían explicala. O certo é que este termo xa se coou nos diálogos de moitos galegos e Filomena, aos seus 73 anos, xa é toda unha influencer da nosa lingua.

Noticias web

05/02/2020