CRTVG

Buscar

O bispo de Lugo ofrece as celebracións da Semana Santa a través de youtube

Publicado o 05/04/2020 15:05

Semana Santa anómala a de este ano, cos templos pechados e as imaxes que terían que saír en procesión recollidas nas igrexas. A situación de confinamento nas casas obrigou xa hai días a suspender os actos relacionados coa Semana Santa. Con todo, en Lugo o bispado ten previsto celebrar os actos litúrxicos. Será a través de Internet.

É unha forma de manter a celebración da Semana Santa, preservando a saúde dos fieis na distancia.

A iniciativa responde á proposta do Papa e tamén se levará a cabo noutras parroquias, unha forma de que os actos dunha das datas máis sinaladas se manteñan a pesar da situación especial.

Noticias web

05/04/2020