CRTVG

Buscar

O bispo de Ourense aparta do cargo un cura, por presunto acoso a un menor en redes sociais

Publicado o 09/03/2019 14:46

En Ourense, un párroco de idade avanzada está a ser investigado xudicialmente en relación a un presunto caso de acoso a un menor a través das redes sociais, segundo informou nun comunicado a diocese de Ourense. O bispado xa comunicou ao Vaticano a suspensión do cura de Seixalbo investigado xudicialmente.

Ante a a gravidade da situación, o bispo de Ourense suspendeuno cautelarmente do exercicio público do sacerdocio e ordenoulle que cesase en todo labor pastoral mentres a investigación segue en concurso. Ao tempo mandou abrir un proceso canónico de investigación preliminar. O centro escolar onde estuda o menor foi o que deu a voz de alarma ao descubir que recibía numerosos mensaxes de contidos sexual.      

A diocese auriense expresa o seu apoio ao afectado e á súa familia polo suposto acoso e ofrece toda a colaboración coa xustiza ao tempo que recorda o dereito constitucional á presunción de inocencia.

De feito, di que non realizará ningunha declaración adicional ao comunicado ata que finalice o proceso, non dá datos sobre a parroquia nin a comarca afectada aínda que no xornal La Región falan de Seixalbo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2019