CRTVG

Buscar

O bipartito do Valadouro ás portas da ruptura

Publicado o 03/07/2019 12:11

O bipartito formado polo PSdeG e o BNG no concello lugués do Valadouro está as portas da ruptura. Salvo un acordo de última hora esta tarde nun pleno extraodinario reorganizaranse as concellerías para que os socialistas pasen a gobernar en minoría.

Os grupos non alcanzaron un acordo sobre as retribucións a percibir dos concelleiros de ambos partidos. As desavinzas entre as dúas formación neste concello xa quedaron de manifesto nas negociacións do pacto de goberno, un pacto que se asinaba a tan so 45 minutos do pleno de constitución do concello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019