CRTVG

Buscar

O biotecnólogo galego César de la Fuente, premio Princesa de Xirona de Investigación

Publicado o 29/04/2021 18:50
O biotecnólogo galego César de la Fuente, premio Princesa de Xirona de Investigación

O biotecnólogo galego César de la Fuente é o novo Premio Princesa de Xirona de Investigación Científica. O seu nome e o dos outros 3 premiados anunciáronse nun acto en Alacante presidido polo rei Filipe VI. De la Fuente naceu na Coruña e é catedrático na universidade estadounidense de Pensilvania. As súas investigacións céntranse no uso de ordenadores para descubrir novas clases de antibióticos.