CRTVG

Buscar

O Betis adianta o Celta na loita por Europa

Publicado o 13/03/2018 15:25

E pechouse a xornada co triunfo do Betis en Mendizorroza. Un protagonista no Betis. O canteirán Loren, autor de dous goles. Este é o primeiro. Malia que o asistente ergueu a bandeira o árbitro sabía que o balón viña dun rival. Loren puxo por diante o Betis que lograría o segundo tras un saque de esquina. Falla a defensa do Alavés e Javi García marca por primeira vez na temporada. Imposible para Pacheco.

Cero-dous no descanso. Prevíase a reacción do Alavés. E chegou. Poucos minutos de inspiración pero suficientes para meterse no encontro con esta finalización de Sobrino aproveitando a defensa adiantada do Betis. Lonxe de sufrir en defensa o Betis sentenciou outra vez con Loren en accion. Non hai fóra de xogo. Loren, dezanove anos, marca o terceiro. Define como un crack. Leva cinco goles en seis partidos. Será internacional sub21 en breve.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018