CRTVG

Buscar

O betanceiro Carlos Arévalo estréase no K4 cun cómodo pase ás semifinais do mundial

Publicado o 22/08/2019 20:16

O trámite das series do campionato do mundo serviu para que se estrease no K4 1.000 o betanceiro Carlos Arévalo. Pasaban ás semifinais as primeiras seis embarcacións. "Competir con esta xente dá seguridade. Xa o vin no barco agora mesmo. Eu achega o meu. Dirán eles o que achego", dixo o padexeiro galego.

Hungría e España, que xunto con Alemaña subiron ao podio no último europeo e no último mundial, marcaron os dous mellores tempos das catro series disputadas. Na liña de chegada só as separaron nove milésimas.
"Foi unha boa estrea. Conseguimos facer a carreira que tiñamos en mente. Moi contentos e moi boas impresións", asegurou o outro galego da embarcación, o cangués Rodrigo Germade.


Para Arévalo, "foi unha boa regata, bastante rápida. Saímos controlando un pouco máis. A media regata apertamos e entramos controlando, así que moi ben".

No C2 1.000, Adrian Sieiro e Sergio Vallejo loitarán este venres por un posto na final. Tamén Teresa Portela e Roi Rodríguez deberán buscar nas súas probas a praza de finalista, paso previo á loita polas medallas e a clasificación olímpica

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019