CRTVG

Buscar

O Bergantiños-Somozas volve suspenderse por outro caso de coronavirus

Publicado o 30/12/2020 17:21
O Bergantiños-Somozas volve suspenderse por outro caso de coronavirus

O 20 de decembro foi suspendido o partido que disputaban o Bergantiños e o Somozas, do Grupo Norte da Terceira División, por un positivo no conxunto de Ferrolterra. 

Desta volta é un positivo no equipo carballés o que provoca a suspensión do encontro que estaba programado para o 3 de xaneiro. Este partido das Eiroas é o primeiro que debe suspenderse en dúas ocasións no deporte galego. 

O encontro tiña todos os condicionantes dun gran partido entre os dous mellores equipos da zona norte pelexando polo primeiro posto. Terán que argallar unha nova data para ver o enfrontamento.