CRTVG

Buscar

O Bergantiños remóntalle ao Pontevedra (2-2)

Publicado o 26/09/2021 21:34

RESULTADO Bergantiños 2 - Pontevedra 2

O porteiro do Pontevedra acabou a patadas coa portería. Esa é a mellor imaxe para resumir o partido. E así é porque os do Lérez tiveron ata dous goles de vantaxe e dominaron o choque durante case 60 minutos, Agás no arranque e no cuarto de hora final. Un penalti de Concheiro permitíalle a Charles marca-lo primeiro. Minuto 57, e pouco despois, un erro no salto de Brais serviulle ao outro Brais, o torpedo do Dubra, para enfilar portería e lograr o segundo. Quedaba un cuarto de hora e o Pontevedra tiña a primeira vitoria da temporada no peto. Ou iso parecía... porque a partir de aí o Bergan apelou á heroica, tocou arrebato e igualou o encontro. Primeiro foi Escobar e, xa en tempo de compensación, un envío de Remeseiro volveu encontrar a Escobar encontro.

Empate a dous nas Eiroas. Punto con sabor a triunfo para o Bergan, empate con aparencia de lousa para o Pontevedra.

Noticias web

26/09/2021