CRTVG

Buscar

O Bergantiños perde en Langreo na súa estrea na Segunda Federación

Publicado o 04/09/2021 20:29

A Segunda Federación arrancou hoxe. O Bergantiños, un dos tres equipos galegos recén ascendido á nova categoría, perdeu 0-3 co Langreo no Novo Ganzábal.

Para comezar un gol anulado ao Bergantiños por fóra de xogo. Era o minuto 23. Marcara Carlos López.
O equipo de Carballo xogou cun home menos dende o minuto 29 tras a expulsión por dobre cartóon amarelo de Iago Parga.

Dez minutos despois Juan López adiantaba os locais no marcador. Junior ampliaba a vantaxe contra o final do partido ao facer o 2-0 no 87. Tres minutos despois Nacho anotaba o terceiro e definitivo.

 

Noticias web

04/09/2021