CRTVG

Buscar

O Bergantiños negocia co Deportivo para que o partido de Copa sexa en Riazor

Publicado o 03/12/2019 21:22

A Copa converteuse nun regalo envelenado para o Bergantiños. O Sevilla non vai xogar nas Eiroas, iso está claro. Pero a estas horas aínda non se sabe con seguridade onde. A federación española de fútbol emitiu a primeira hora da tarde un comunicado no que lle dá 4 opcións ó Bergantiños e 24 horas para responder.

Primeiro descarta o Sánchez Pizjuán porque di que sería adulterar a competición ao non cumprirse o criterio de proximidade. A continuación informa de que a propia Federación se puxo en contacto co Deportivo para solicitarlle as súas intalacións, e que xenerosamente, di a Federación, ofrecen Abegondo, que cumpre os requisitos e tamén Riazor, que tería un custo econónico. E que en todo caso, para preservar o céspede do Deportivo sería preferible Abegondo. Tamén aceptarían o estadio Vero Boquete en Santiago e a Malata en Ferrol.

Apenas unha hora antes de emitise o comunicado o presidente do Bergantiños apuntaba a Santiago.

Sería o desprazamento máis longo dos nove equipos modestos que non van xogar no seu campo. Fóra das Eiroas a preferencia sempre foi Riazor. Chano Calvo, presidente do Bergantiños: "A Coruña é máis cómodo para os nosos afeccionados"

Riazor preséntase agora mesmo como a opción máis probable. Tras mediar a Federación o Bergantiños e o Deportivo negocian para que a Copa se xogue na comarca.
 

Noticias web

03/12/2019