CRTVG

Buscar

O Bergantiños está molesto coa Federación española de Fútbol por rexeitar o campo das Eiroas

Publicado o 29/11/2019 21:23

Da alegría inicial á unha gran decepción. A Federación non acepta As Eiroas para o partido contra o Sevilla e non explica qué requisitos incumpre. Chano Calvo, presidente do Bergantiños expresa o malestar que hai en Carballo : "Repasámos os requisitos e cremos que están todos ben. Merecemos unha resposta como un club top da liga española. Moléstanos ser tratados desta forma." A clave é que vai ser televisado. O Bergantiños dirixiuse ó Deportivo para presentar a alternativa de Riazor, a media hora de Carballo. Pero xa non vai ser o mesmo: "Quebrouse a ilusión da xente, a destes rapaces que querían ver o partido na súa casa". 

Pra isto, era mellor xogar en Sevilla. Chano Calvo, concorda: "Polo menos facíamos unha excursión"Hai nove equipos nesta rolda que terán renunciar ó seu campo. A Copa dos modestos bateu coa realidade.

Noticias web

29/11/2019