CRTVG

Buscar

O Bergantiños, campión da Copa Federación

Publicado o 11/10/2018 16:36

Onte en San Lázaro disputouse a final da Copa Federación e o gañador foi o Bergantiños. O actual líder da terceira galega recolleu o título de mans do presidente da Federación Galega de Fútbol. A final ante o Ribadumia precisou dunha prórroga, acabou con empate a dous goles e resolveuse na lotaría dos penaltis.

Hugo Soto adiantou o Ribadumia con este toque sutil. Na segunda metade, penalti a prol do Bergantiños que transformou Ekedi. Minuto 58.

Xa na prórroga, o Bergantiños tomou a dianteira nesta xogada que culmina Cañi, pero, cando faltaban nove minutos para o final, Pablo Mota marcaba para o Ribadumia e poñía a igualada de novo no partido.

Na lotaría dos penaltis, o Bergantiños estivo máis atinado, así que os de Carballo son os novos campións da Copa Federación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018