CRTVG

Buscar

O Bergantiños anuncia que "irá polo partido dende o principio"

Publicado o 12/06/2019 19:45

O Bergantiños prepárase para recibir o Villarrubia nas Eiroas na pelexa polo ascenso á segunda B. Será este domingo, ás sete da tarde, e poderán seguir o partido a través da nosa segunda canle.

O equipo de Carballo está obrigado a remontar os dous goles encaixados a domicilio e os de Carballo teñen claro como afrontar o choque.

"Atacando o partido e indo por el dende o principio, basicamente. É o que temos que facer, non temos nada que perder, sabemos que é un resultado difícil pero temos toda a semana para traballalo e para termos as ideas claras de que temos que facer, como e de que maneira. Un gol deles complícache moito a historia, entón temos que ir paseniño, aos poucos, meter o primeiro gol e aí xa cambiará a dinámica do partido", di Cañi.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019