CRTVG

Buscar

O Berbés consolídase como principal centro de distribución de Europa

Publicado o 20/03/2019 15:47

Mentres as lonxas de España comezaron o ano con datos negativos na súa actividade, a do Porto de Vigo crece con forza e xa move máis do 40% do fresco de España. As reformas levadas a cabo pola Autoridade Portuaria coa división dos espazos de lonxa e mercado están a potenciar a actividade.

As actuacións no porto continúan coa modificación de usos en distintos espazos e a ampliación do mercado e da lonxa que estará terminada antes do verán. A lonxa do Berbés consolídase como centro principal de distribución de produtos do mar de Europa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2019