CRTVG

Buscar

O belén monumental de Vigo, atractivo para os turistas

Publicado o 28/11/2019 19:29

Vigo está xa totalmente inmerso no Nadal. Ademais das luces, outro dos engados da cidade é o belén monumental que se pode ver dende hai uns días na Casa das Artes.

120 metros cadrados con máis de duascentas figuras fan que o belén monumental de Vigo sexa unha das moitas atraccións para os turistas que se achegan estes días á cidade. É o froito do traballo do escultor José Luis Mayo Lebrija, da agrupación belenista La Morana de Zamora.

O Misterium Natalis sorprende pola fidelidade histórica e arqueolóxica, e conta con mais de 1.000 quilos de area, carriza e elementos naturais que serán replantados nun invernadoiro ao final do Nadal.

Este nacemento poderá ser visitado, de balde, ata o 6 de xaneiro das cinco ás nove da tarde, e fins de semana e festivos tamén das once ás dúas. En Noiteboa e Aninovo abrirá ininterrompidamente, das doce ás oito.

Noticias web

28/11/2019