CRTVG

Buscar

O bebé maltratado en Lugo evoluciona ben no hospital La Paz de Madrid

Publicado o 03/09/2019 13:15

O bebé de dous meses, supostamente maltradado polos seus pais en Lugo, evoluciona favorablemente no hospital La Paz de Madrid. Alí foi operado dun desprendemento de retina e persoal da Administración galega está pendente da súa evolución.

Fabiola García, conselleira de Política Social, comunicou que "a Xunta de Galicia ten a garda deste bebé, que está hospitalizado no hospital La Paz de Madrid, acompañado en todo momento por persoal da Xunta e que evoluciona favorablemente" e sinalou que "por motivos de privacidade" non podía dicir cando virá nin a onde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2019