CRTVG

Buscar

O BCE reducirá o ritmo de compra de débeda no cuarto trimestre

Publicado o 09/09/2021 19:56

O Banco Central Europeo comeza a retirar os estímulos extraordinarios que bombea os mercados para superar a crise da Covid. Nos vindeiros meses, a institución que preside Christine Lagarde e o español Luis de Guindos mercará menos débeda de empresas e Estados.

A normalización chegará en marzo do 2022, cando remate ese programa especial de compra de débeda, lanzado para mitigar a crise da pandemia. Agora mesmo en Frankfurt están mercando preto de 80.000 millóns de euros mensuais en títulos de empresas e Estados. Estas operacións irán baixando para reducir o volume de diñeiro nos mercados.

No BCE destacan que o rebote da economía na zona euro está amplamente estendido. E agardan unha forte recuperación este trimestre, no cuarto e o vindeiro ano. Hai un maior consumo dos fogares e o optimismo volve ás empresas.

O banco de Frankfurt mantén os tipos de xuro ao 0%, sen amosar preocupación pola suba de prezos. Será transitoria e a inflación está controlada, malia o impacto da factura da luz e da enerxía.

Noticias web

09/09/2021