CRTVG

Buscar

O BCE mercará ata 120.000 millóns en débeda pública, pero mantén intactos os tipos e xuro

Publicado o 12/03/2020 15:23

• O IBEX cae un oito por cento

As alertas de recesión económica multiplícanse e o pesimismo trasládase aos mercados. E as últimas medidas adoptadas alimentan a inquedanza: a decisión de Italia de pechar os comercios e a dos Estados Unidos de suspender os voos de Europa pasan factura nas bolsas europeas. Arrastradas pola caída de Wall Street e dos mercados asiáticos, os mercados europeos perden un cinco por cento.

O IBEX cae máis dun oito por cento e xa perdeu os 7.000 puntos, defraudado polas tímidas medidas do Banco Central Europeo, que acab de anunciar liquidez inmediata pero non rebaixa os xuros. Os valores ligados ao sector aéreo, o turismo e a industria son os máis castigados. A espiral baixista da bolsa española xa deixa unhas perdas superiores ao 30% en tres semanas.

Noticias web

12/03/2020