CRTVG

Buscar

O BCE di que que o Goberno de España é o que menos gastou en axudas en 2020 da zona euro

Publicado o 03/02/2021 15:13
O BCE di que que o Goberno de España é o que menos gastou en axudas en 2020 da zona euro

España é o país da zona euro que menos gastou o ano pasado para facer fronte á crise económica derivada da covid. Así o afirma un artigo publicado polo Banco Central Europeo.

O organismo calcula que España investiu en estímulos fiscais un 1,3 % do seu PIB, mentres que a media europea se situou no 4 %.

O Goberno español non comparte esta cifra, porque non inclúe a contía dos ERTE nin outras partidas que transferiron ás comunidades autónomas, e eleva o gasto ata o 5,5 %.

Noticias web

03/02/2021