CRTVG

Buscar

O BCE advirte que España ten un déficit estrutural "oculto e crecente"

Publicado o 01/04/2019 23:37
O BCE advirte que España ten un déficit estrutural "oculto e crecente"

O Banco Central Europeo advirte no seu último informe anual do elevado déficit estrutural que ten España.O documento di que aínda que se prevé que España, o único país que está suxeito a un procedemento de déficit excesivo, vai curmprir o prazo de corrección establecido, ten un déficit estrutural oculto que cualifica como "avultado e crecente", e que é contrario á mellora recomendada polo BCE.

O informe, correspondente ao exercicio de 2018, confirma que a maioría dos países da Unión non lograron aínda sanear os seus presupostos, e que catro deles, Bélxica, Francia, Italia e Portugal, son os que corren o maior risco de desviarse das esixencias marcadas no Pacto de Estabilidade e Crecemento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/04/2019