CRTVG

Buscar

O BBVA ve sinais de desaceleración da economía e dun aumento do paro

Publicado o 15/08/2019 19:39

O produto interior bruto español do terceiro trimestre podería medrar un 0.5% segundo o BBVA. É a mesma taxa ca nos tres meses anteriores, pero os analistas da entidade bancaria advirten que suporía dous trimestres consecutivos por debaixo do crecemento medio do ano pasado.
O informe tamén alerta dun posible aumento do paro do 0,3% nos meses de verán. De confirmarse suporía o primeiro crecemento trimestral do desemprego desde mediados de 2013.
Pola contra o BBVA augura un comportamento positivo das exportacións, pero avisa que a incertidume no contexto internacional podería afectar o comercio mundial nos próximos meses.

A bolsa española pechou cunha baixada mínima do 0,04% . Mantivo malamente os 8.500 puntos tras o desplome do mércores. Un desplome provocado polo risco de recesión en Alemaña, principal afectada en Europa pola guerra comercial entre os Estados Unidos e A China. Un brexit ás bravas en outubro aumentaría máis as alarmas nas economías da eurozona.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/08/2019