CRTVG

Buscar

O BBVA roza a volta aos beneficios anuais tras gañar 1.141 millóns no terceiro trimestre

Publicado o 30/10/2020 15:06

E hoxe coñecemos os resultados do BBVA no terceiro trimestre. Remontou as perdas do anterior e roza a volta aos beneficios anuais.

Entre xuño e setembro obtivo un beneficio de 1.141 millóns de euros. É un sete por cento menos que hai un ano, pero mellora case nun 80 por cento o resultado do segundo trimestre. Desta forma reduce as perdas nos nove primeiros meses a 15 millóns de euros, un resultado que mellora as previsións dos analistas, e que foi recibido cunha suba do 3% na bolsa.

Noticias web

30/10/2020