CRTVG

Buscar

O BBVA lanza unha aplicación para calcular o que contaminamos cada día

Publicado o 22/09/2021 13:11
O BBVA lanza unha aplicación para calcular o que contaminamos cada día

Lugo é un dos escenarios elixidos polo BBVA para lanzar a súa nova aplicación, unha calculadora da pegada de carbono. En Palas de Rei hai unha das catro pegadas xigantes coas que se presenta esta ferramenta que permite aos clientes saber canto contaminan coa súa actividade diaria. O cálculo faise a consecuencia dos gastos de luz, gas e combustible. Estímase que cada español emite ao mes media tonelada de CO2.

Con esta ferramenta, pioneira, pretenden concienciar os seus clientes sobre o impacto das súas accións no medioambiente e ofrecerlles consellos para levar unha vida máis sostible.

Noticias web

22/09/2021