O BBVA empeora as previsións para 2021 polas medidas para conter a terceira onda
Publicado o 14/01/2021 14:27

A economía española pechará 2020 cun afundimento dun 11 %, segundo as previsións do BBVA.
Tamén calculan que este ano medrará un 5,5 %. É medio punto menos do que calcularan anteriormente, polo efecto das restricións para conter a pandemia. Haberá que agardar ao 2022 para ver un avance máis significativo, dun 7 %.
Con todo, avisan de que a evolución económica dependerá moito do proceso de vacinación. Instan a acelerar a campaña e facela masiva canto antes.