CRTVG

Buscar

O Bayern, hexacampión de Europa

Publicado o 23/08/2020 22:38

Derrotou o París Saint Germain por 1-0 cun gol de Coman no minuto 59

O Bayern, hexacampión de Europa

O Bayern de Múnic acadou a súa sexta Champions e chega ao terceiro chanzo do podio europeo, só por detrás do Real Madrid e do AC Milán.

Impúxose na final diante do París Saint Germain grazas a un gol de Kingsley Coman, un xogador que pasou todo o seu proceso formativo no conxunto parisino e que lle arrebatou ao PSG a posibilidade de lograr o título europeo.

Non foi o mellor partido de ningún dos dous equipos, que chegaran á final con moita autoridade. A parella Mbappé - Neymar non tivo o seu día e Lewandowski tampouco foi o factor diferencial. Pero aí estaba Coman para darlle, sete anos despois, un novo título ao Bayern.

Bayern: Neuer, Boateng (Süle 25), Alaba, Kimmich, Thiago (Tolisso 86), Goretzka, Gnabry (Coutinho 68), Coman (Perisic 68), Davies, Müller, Lewandowski.

PSG: Keylor Navas, Thiago Silva, Marquinhos, Bernat (Kurzawa 80), Kimpembe, Kehrer, Di María (Choupo Moting 80), Ander Herrera (Draxler 72), Paredes (Verratti 65), Neymar, Mbappé. 

1-0 Coman 59'