O Baxi Ferrol festexa coa súa afección o ascenso
Publicado o 12/04/2021 21:17
O Baxi ferrol celebrou esta tarde cos afeccionados o regreso á primeira división do baloncesto feminino. As xogadoras foron recibidas esta tarde no concello ferrolán e despois festexaron o remate dunha temporada histórica.
O Baxi gañou todos os partidos que xogou, os 26 da liga regular e os tres da fase de ascenso coa que pecharon o regreso á máxima categoría dous anos despois. A praza de Armas acolleu a celebración con veciños e seareiros dunhas moi emocionadas xogadoras.