CRTVG

Buscar

O Baxi Ferrol derrota 73-65 ao Durán Maquinaria Ensino

Publicado o 08/09/2021 22:51

O Baxi Ferrol e o Maquinaria Durán Ensino enfrontáronse no pavillón da Gándara no primeiro trofeo Cidade de Narón. Segundo partido amigable de pretemporada para as ferrolás que volven á máxima categoría nacional esta temporada. Partido moi igualado, as luguesas conseguiron a primeira vantaxe cunha renda de seis puntos ao final do primeiro cuarto pero as xogadores de Lino López déronlle a volta nun gran segundo cuarto cun parcial de 21-12. Volveuse igualar nos útimos 10 minutos o encontro pero o Baxi levou o triunfo ao final por 73-65

Noticias web

08/09/2021