CRTVG

Buscar

O Baxi Ferrol comeza un novo proxecto na liga feminina

Publicado o 12/10/2018 16:13

Adestrador novo, seis xogadoras novas, cancha nova e mesmo nome novo. A revolución chegou ao Baxi Ferrol, que este ano xogará na Malata. Pero os sinais de identidade do equipo serán recoñecibles.

CARLES MARTÍNEZ, ADESTRADOR DO BAXI FERROL

Carles Martínez, adestrador do Baxi Ferrol: "O traballo que facía aquí Lino era espectacular. Era un dos equipos que mellor xogaba na competición. Adaptamos algunhas cousas ás xogadoras que temos, pero hai conceptos bastante similares. Gústanme os equipos que teñen carácter na pista, agresivos no traballo defensivo, e un xogo ofensivo rápido".

Con tantas novidades na pista, nin o adestrador Carles Martínez nin as xogadoras queren esixencias, pero tampouco poñerlle marcos aos soños. 

Ani Calvo, Baxi Ferrol: "Tampouco é necesario marcarse ningunha obriga. Simplemente aproveitar o ano, medrar, chegar o máis lonxe posible e facer gozar a Ferrol como viñamos facendo ata agora".

As incógnitas comezarán a despexarse este sábado contra o Al Qazeres estremeño.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2018