CRTVG

Buscar

O Baxi Ferrol clasifícase para a fase de ascenso cando faltan seis partidos

Publicado o 14/02/2021 14:46

Vinte xornadas e vinte vitorias. O Baxi Ferrol acadou a cifra redonda na Malata ante o Magec Tías de Canarias, o último clasificado do seu grupo. As de Lino López dominaron sen excesos, cunha vantaxe de 12 puntos ao descanso, e un marcador final de 76 a 52. Brooke Salas foi a máxima realizadora con 16 puntos. As ferrolás acadan a clasificación matemática para a fase de ascenso á Liga Feminina Endesa, cando faltan seis partidos para o remate da fase regular.

 

Noticias web

14/02/2021