CRTVG

Buscar

O Baxi Ferrol, a un partido do ascenso

Publicado o 10/04/2021 14:53

Deixamos o fútbol, e imos coa loita polo ascenso no baloncesto. O Baxi Ferrol está a un paso de acadalo. Esta mañá clasificouse para o partido decisivo. Mañá loitará polo ascenso tras a vitoria sobre Jairis Murcia. As ferrolás tardaron en entrar no partido. Aos cinco minutos perdían por 3-16. Pero despois amosaron por que seguen invictas esta temporada. Cunha gran reacción acabaron levando o triunfo por 77 a 62. Se gañan mañá, estarán na Liga Endesa.

Noticias web

10/04/2021