CRTVG

Buscar

O Basquet Coruña gaña en Marín (49-63)

Publicado o 31/10/2019 14:52

O Leyma Básquet Coruña venceu en Marín por 14 puntos de diferenza (49- 63) ante o Peixe Galego, que dominou o partido ata o último cuarto, onde encaixou un parcial de 7-26. Sobresaiu no Marín Peixe Galego Sanders, autor de 16 puntos; o mellor no conxunto coruñés foi Aston Blackwell, con 19 puntos e 11 rebotes.

O Leyma Coruña ascende ata a quinta praza, con 4 vitorias, mentres que Marín segue de pechacancelas. 

Noticias web

31/10/2019