CRTVG

Buscar

O barrio ourensán do Vinteún celebra as primeiras festas populares inclusivas

Publicado o 21/10/2019 21:21

En Ourense, o barrio do Vinteún celebra as primeiras festas populares inclusivas. Isto supuxo adaptar as barracas da feira a diversas problemáticas, como a de nenos e adultos con cadros do espectro autista, aos que se lles ofrece unha hora sen música nin ruidos nas atraccións, ofertas de pratos sen glute para celíacos en todos os postos de venda ou, por exemplo, pictogramas que faciliten a comprensión a persoas con diversidade funcional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019