CRTVG

Buscar

Chega a Vigo o Gure Leire, apresado no Atlántico norte

Publicado o 03/06/2019 11:14

•  No porto de transatlánticos descargáronse 2.500 quilos de cocaína

O Gure Leire chegou pasadas as nove da mañá ao porto de Vigo, ao peirao de transatlánticos. O palangreiro, apresado en augas do Atlántico norte, chegaba escoltado polo buque de operacións especiais Fulmar do Servizo de Vixilancia Aduaneira.

Desde ese barco de Aduanas, os axentes descargaron fardo a fardo as 2,5 toneladas de cocaína que atoparon no interior do pesqueiro, que aínda que ten base no porto vasco de Ondarroa, a súa armadora é galega. Cando foi interceptado, no seu interior ían sete tripulants, varios deles galegos. Todos eles están pendentes de ser traladados a Madrid para pasar a disposición xudicial na Audiencia Nacional.

Trátase do segundo gran comiso de droga que se realiza en dúas semanas. Hai 15 días, a Garda Civil incautábase de 1,5 toneladas de cocaína ao norte de Cabo Verde

Está previsto que ao mediodía os responsables da operación fagan declaracións no propio porto vigués.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/06/2019