CRTVG

Buscar

O Barco rexistra un gromo con catro positivos nunha familia, dous deles menores

Publicado o 20/08/2020 19:00
O Barco rexistra un gromo con catro positivos nunha familia, dous deles menores

O Concello do Barco de Valdeorras rexistra un gromo de coronavirus con catro positivos dunha mesma familia, dous deles de menores. Segundo informa a área sanitaria de Ourense, o pasado martes, 18 de agosto, detectáronse dous positivos dunha mesma familia dun home de 45 anos e unha muller de 40 anos. 

Ambos presentaban unha sintomatoloxía leve. Desde ese momento están en situación de illamento no seu domicilio e con seguimento de profesionais sanitarios do seu centro de saúde. O seguimento dos seus contactos arroxou este xoves dous novos casos positivos na súa familia tras realizarlles probas PCR. Son dous nenos que actualmente non teñen síntomas e tamén están en illamento domiciliario.