CRTVG

Buscar

O Barco asume a condición de favorito do Compostela

Publicado o 17/07/2020 20:29

O Barco volveu aos adestramentos hai cinco semanas. Os xogadores están vivindo unha pretemporada fóra do normal, como recoñece Juanito Bazo: "Máis dura no sentido de que estivemos máis tempo parados, e o corpo nótao. É unha pretemporada atípica. Prepáraste para un só partido. Creo que nunca pasara".

En Valdeorras asumen o favoritismo do Compostela, que ademais parte coa vantaxe de que o empate lle serve para seguir en competición. "Nós xa empezamos perdendo 1-0. Queiras que non ese é un xandicap moi grande. Pero é un partido e poden pasar moitas cousas. Tampouco sabemos en que estado de forma van chegar eles. Estamos na mesmas condicións", apunta Rubén García

Manolo Pérez, o adestrador do Barco, recoñece que "calquera comparación que fagamos co Compostela, do tipo que sexa, sairemos perdendo. A grandeza que ten o fútbol é que non sempre gaña o favorito, nin o máis forte, ni o que xoga mellor".

A segunda canle da TVG ofreceralles os tres partidos da fase de ascenso galega á Segunda División B.

Noticias web

17/07/2020