CRTVG

Buscar

O Barcelona tira de oficio para superar o Raio

Publicado o 09/03/2019 21:15

O bólido azulgrana saiu con Messi e Suárez ao volante, pero a idea foi sempre a de cuidar o motor. Conducción de marchas longas e poucas revolucións que ofreceron esperanza ao Raio. Sobre todo, na primeira parte. Os vallecanos amosaron bo manexo e tomaron vantaxe grazas a De Tomás. Minuto 24. Á reacción culé faltoulle ritmo, velocidade, pero encontrou solución no balón parado. Nun sacado por Messi, Arturo Vidal despistounos e acertou a cabecear Piqué.
Á volta do descanso, o Barcelona encontrou tranquilidade na súa primeira chegada. Un recorte de Semedo e unha mala decisión de Jordi Amat daba co balón no punto de penalti. Minuto 49. Messi tomou a pelota e puxo por diante ao Barca. Foi a xogada clave. Porque daquela o Raio foise arriba e os culés comezaron a manexarse máis fácil con espazos. O partido deixounos unha falta de Messi, con manobra espectacular de Álex Moreno para sacala. E deixounos tamén un exercicio de control e un último gol do Barca. Con Suárez e Dembelé, coa chegada de Rajkitic e co gol de Suárez. 3-1 no Camp Nou. Triunfo de oficio do líder, que -como amosou hoxe- tamén se manexa a punta de gas e en marchas longas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2019