CRTVG

Buscar

O Barcelona métese na final da Supercopa grazas a un gran Ter Stegen

Publicado o 14/01/2021 11:35

Boas noticias para o Barcelona que volve meterse nunha final, e sen Messi no campo. Malia que iso si tivo que chegar aos penaltis para resolver un partido en que a igualdade foi máxima e os porteiros tiveron traballo arreo. Ter Stegen tapa o balón de Isak na primeira grande oportunidade vasca para marcar.

Na resposta, o Barcelona tivo máis acerto. Con Busquets e De jong impoñéndose no medio campo, e cando faltaban dous minutos para o descanso, Braithwaite fornece un balón impecable a Griezmann e o francés levanta para o remate de cabeza de De Jong. O holandés dá unha cacholada ao bordo da escordadura de pescozo e pon poor diante aos culés.

A Real volveu saír mellor plantada no arranque do segundo tempo, como xa pasara no primeiro, e un centro a media altura que Otyarzabal frota sobre a área recibe a man de De jong. O árbitro non dubida e sinala o lanzamento de castigo dende os once metros. Oyarzabal marca tras aguantar ata o último suspiro e unha vez que se move Te Stegen.

O partido marchou á prórroga e o marcador non volveu moverse. Nin De Jong puido desquitarse do penalti na súa área con esta pelota na que se entretén de mais e lle come as papas gorosabel. Nin Joseba Zaldua cun lanzamento terrorífico que encana dende a media lúa e recibe o pardón de Ter Stegen, conseguiron abrir o fecho do empate.

Januzaj foi a bala máxica que Imanol alguacil puxo no campo para evitar a qyuenbda de penaltis e o bruxelense non defraudou. Primeiro nunha galopada campo a través con escritura de arrimo a Ter Setegen e parada do alemán coa punta da manopla.

Tamén o intentou a balón quieto, e fixo abanear o ferro e as ilusión balugranas nunha acción que levaba todos os carimbos de gol, mais acabou en nada e nion puido evitar a lotaría dos penaltis.

Jon Bautista tira o primeiro dos vascos e Ter Stegen adiviña a traxectoria chapando en dous tempos. De Jong tamén estraga o primeiro do Barcelona porque Remiro desvía abondo para levar o balón ao poste. Oyarzabal, especialista supremo nos penaltis da Real lanza á dereita de Ter Stegen e esta volta si chega o xermano para evitar o gol. Dembelé non erra cando lle toca a el, pero William José si que manda ao poste ao apurar en estremo o axuste no lanzamento. Pjanic non erra e tampouco Merino. Griezmann estraga a súa oportunidade, pero Januzaj non. todo quedaba nas pernas du Riqui Puig que fai un gol de alto valor simbólico.


 

Noticias web

14/01/2021