CRTVG

Buscar

O Barcelona logra a primeira vitoria coma visitante

Publicado o 29/09/2019 15:01
Os de Valverde acaban imbatidos por primeira vez nesta Liga

Ernesto Valverde. Adestrador do F.C. Barcelona: "Decidín non incluilo na convocatoria porque onte rematou con algunha molestia, pero foi máis por precaución, falei con el e el está tranquilo".

A decisión de Valverde levou a Dembelé á bancada. Alí o francés viu ao Barcelona convertido no Deportivo Obreiro. Nada que ver co histórico equipo de Oleiros, salvo no seu espíritu.

Dembelé tamén asistiu a unha gran actuación do seu sustituto Carles Pérez.

E disfrutou das accións de Ter Steggen, detendo os ataques do Xetafe.

E fabricando o primeiro gol barcelonista marcado por Luis Suárez.

José Bordalás. Adestrador do Xetafe C. F.: "É unha xogada de chiste, de infantil e un equipo profesional non pode encaixar un gol así."


Dembelé puido respirar tranquilo cando á volta do descanso, Junior Firpo pechou o encontro tras aproveita-lo rexeite de Soria logo dun disparo dun Carles Pérez reivindicativo.

Ernesto Valverde. Adestrador do F.C. Barcelona: "Se estamos xuntos somos un equipo forte".

O francés contrariouse coa expulsión de Lenglet por dobre cartón amarelo que deixa ao Barcelona con só dous centrais dispoñibles.

Pero malia quedar en superioridade, Bordalás rematou molesto coa actuación arbitral.

José Bordalás. Adestrador do Xetafe C.F. "Houbo decisións que nos perxudicaron claramente, marcousenos moi de cerca, cada contacto era falta, sen embargo ao Barcelona permitiuselle moitísimo, protestas...todo, estamos acostumados.

E así foi como Dembelé marchou do campo tras asistir ao primeiro partido do Campionato no que o Barcelona acababa imbatido.

Noticias web

29/09/2019