CRTVG

Buscar

O Barcelona gáñalle o Obradoiro o trofeo Xacobeo

Publicado o 15/09/2019 11:04

O Trofeo Xacobeo trouxo a Santiago a Mirotic, a Pustovoi e a este enorme Barcelona. Trouxo tamén o primeiro Miudiño da temporada ao SAR... E deixou un partido de alternativas. Na primeira parte, os culés chegaron a ter 11 puntos de vantaxe. Mais Obradoiro mantivo sempre a compostura e encontrou resposta no seu lanzamento exterior. En especial con Magee. E cuns bos minutos de Pozas que situaron aos galegos un abaixo ao descanso. 38 a 39.
A segunda metade mantivo o guión. O Barça levou a iniciativa, con Obradoiro sempre disposto a dar réplica. So que desta volta o acerto dos exteriores minguou e aportaron os interiores. De Zeeuw, Kravic e Brodzianski. Obradoiro chegou tres abaixo a falta de 12 segundos e Magee, o home do partido, fallou a última tripla. 77-80 gañou o Barcelona. 22 puntos para Magee.

"E non foron 25... Quería matarme por ese fallo final. Pero foi unha boa presentación no SAR". "Xogamos baloncesto de equipo, axudándonos sempre, en todo o que podemos. E o adestrador é incrible. Moncho é un xenio táctico, ten solución para todas as situacións", aseguraba Magee.

E o trofeo Xacobeo marchou para Barcelona. Nunhas semanas volverán verse as caras na primeira xornada da liga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2019