CRTVG

Buscar

O Barcelona gaña credibilidade en Sevilla

Publicado o 27/02/2021 20:29

Sevilla F.C. 0 - F.C. Barcelona 2

Koeman apostou pro unha estrutura con tres centrais e deixou a Griezmann no banco. A primeira parte foi do Barça. Sólido atrás, molesto na presión e efectivo arriba. Porque moito non xerou, pero soubo aproveitalo. Minuto 29. Acción que xestiona con comodidade Messi, con demasiada comodidade, e resolve Dembelé. Bono, o porteiro, levaba 556 minutos sen encaixar.

Á volta do descanso o Sevilla mudou facianas e sistema. Colocou tamén tres centrais e por un intre deu sensación de ir presentar batalla. Pero o Barça volveu toma-lo mando e ben puido resolver por medio de Dest. O seu cacheirolo, violento, petou no pao.

Cando restaban 20 minutos entrou no partido o rapaz Ilaix, que axudou a que o treito final volvera ser de marcada superioridade blaugrana.

A falta de 5 minutos pra conclusión, Messi botou o pano, cunha acción non exenta de fortuna. Ata por dúas veces leva ese balón tras un rexeite.

0-2 no Pizjuán. Exercicio de credibilidade do Barça. Os culés póñense a dous do liderato, con dous partidos xogados máis. E pagan peaxe. As lesións de Pedri e Araújo.
 

Noticias web

27/02/2021