CRTVG

Buscar

O Barcelona elimina o Cornellá con dous goles na prórroga

Publicado o 21/01/2021 23:39
O Barcelona elimina o Cornellá con dous goles na prórroga

O Barcelona conseguiu este xoves ante o Cornellá o pase para os oitavos de final grazas a unha xenialidade de Dembélé e a un gol a porta baleira de Braithwaite na prórroga. Antes, Ramón Juan parou un penalti a Pjanic no 39 e outro a Dembélé no 79. O conxunto de Segunda División B dispuxo de varias ocasións de gol durante o partido nas botas de Ontiveros, Eloy Gila e Agus Medina.